PROVINCIA
A Deputación participará en Sevilla no I Foro Urbano de España
A Deputación de Pontevedra, como unha das grandes referentes estatais na implantación da Axenda Urbana, será unha das institucións protagonistas do I Foro Urbano de España, o punto de encontro ao máis alto nivel institucional sobre esta temática, que se desenvolverá entre o 5 e o 7 de outubro en Sevilla e no que se darán cita o presidente do Goberno Pedro Sánchez, a ministra de Transportes Raquel Sánchez, a comisaria Europea de Cohesión Elisa Ferreira, a directora executiva de ONU Habitat Maimunah Mohd, o presidente da Junta de Andalucía Juan Manuel Moreno e o alcalde de Sevilla Juan Espadas. “Síntome moi orgullosa, somos unha provincia de 900.000 habitantes, situada no Noroeste de España cun proxecto que é unha grande referencia nacional e internacional en políticas para transitar cara un novo modelo económico baseado na cohesión territorial e social, na igualdade, na transición ecolóxica e na dixitalización, os catro grandes obxectivos que persegue a Unión Europea para construír un mundo de máis progreso, máis humano e avanzado. E queremos seguir avanzando. A xente merece que traballemos para que a provincia siga a ser un referente”, asegurou Carmela Silva.
A Deputación de Pontevedra terá unha “presenza moi potente “ no I Foro Urbano de España. Así, a presidenta participará xa na xornada inaugural, o martes 5 de outubro entre as 16.30 e as 18.00 horas, nunha mesa de debate centrada na transición ecolóxica e modelo de cidade, na que tamén intervirán o secretario de Estado de Medio Ambiente Hugo Morán, a representante da Cook County Treasure de Chicago María Pappas, o conselleiro de Política Territorial da Generalitat Valenciana Arcadi España, a directora da Cátedra UNESCO de Xénero Inés Sánchez e o enxeñeiro de Camiños e Economista Antonio Serrano, con Mikel Lambdabaso, director of Growth and Innovation Joint, como moderador. “A Deputación de Pontevedra –informou a presidenta- será a única administración local que vai estar representada nesta mesa de debate”.
Xunto á participación na xornada inaugural do I Foro Urbano de España, a presidenta e os deputados provinciais Gregorio Agís e Uxío Benítez tamén terán voz noutras mesas de debate e encontros centrados no equilibrio territorial, a cohesión social, o reto demográfico e a nova Bauhaus. Amais destas temáticas, ao longo do encontro, afondarase na elaboración de proxectos e plans relacionados co desenvolvemento urbano sostible, seguro, resiliente, estratéxico e integrado dos territorios, compartindo, propoñendo e intercambiando ideas e boas prácticas sobre urbanización sostible.
Carmela Silva: “Somos unha grande referencia nacional e internacional en políticas para transitar cara un novo modelo económico e queremos seguir avanzando. A xente merece que traballemos para que a provincia siga a ser un modelo a seguir”
Carmela Silva recordou que a Deputación é pioneira estatal en canto á Axenda Urbana. “Soamente hai catro deputacións en todo o Estado que estamos elaborando Axendas Urbanas Provinciais: a Deputación de Barcelona, a de Granada, a de Córdoba e nós, a de Pontevedra”, destacou. Tamén indicou que en xullo deste mesmo ano a institución provincial constituíu a Comisión Interdepartamental da Axenda Urbana e Rural, integrada por persoal de Infraestruturas, Mobilidade, Turismo Rías Baixas, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza. A Comisión está xa a elaborar unha Axenda Urbana propia para a provincia e un Plan de Acción para presentar ás subvencións do Goberno de España con ata 15 proxectos tractores nas áreas de turismo, mobilidade, infraestruturas, medio ambiente, cooperación, igualdade e cultura. Iniciativas, todas elas, con impacto nos obxectivos da Axenda Urbana e centradas na loita contra o cambio climático, o impulso da revitalización urbana, a mellora da gobernanza, o avance cara o modelo de economía circular e a innovación e dixitalización da administración local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104