GALICIA
A Xunta destina 7 m€ ás universidades para equipamento e instalacións científico-técnicas
Feijóo lamenta que o Ministerio de Ciencia non asuma o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen os 500.000 euros, como viña facendo ata o momento
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta semana que a Xunta destinará preto de 7 millóns de euros ás tres universidades públicas do Sistema Universitario Galego para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas para os seus campus durante este ano 2021.
O presidente da Xunta lamentou que o Ministerio de Ciencia non asuma o financiamento daqueles investimentos en infraestruturas científicas universitarias que non superen os 500.000 euros, como viña facendo ata o momento.
Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que a Universidade da Coruña recibirá ao redor de 1 millón de euros; “no caso de Santiago, 3,2 millóns de euros, e no caso de Vigo, 2,7 millóns de euros”.
As universidades poderán destinar o orzamento a gastos de equipamento dos grupos, institutos e centros de investigación e de unidades docentes; a equipamento científico e para infraestruturas de investigación; á elaboración de proxectos de obras ou reformas; á dotación de laboratorios e ás ferramentas de xestión do coñecemento e información tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outras cuestións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217