Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 02 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar clausura a segunda edición do obradoiro “Crea e Coida Miñor”

Este segundo taller de emprego vén precedido polo éxito da primeira edición, desenvolto hai un ano e que se clausurou con máis do 50% dos seus participantes con contrato laboral. Situación que se replicou neste caso, no que despide aos seus alumnos/as con seis contratos xa pechados e outros en negociación

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola secreteria territorial de la delegación de la Xunta en Vigo, Ana Ruiz, e o rexedor de Nigrán, Juan González, despediron esta semana aos participantes do obradoiro “Crea e Coida Miñor II”, tras nove meses de formación e prácticas nos tres concellos da comarca do Val Miñor.

 

O rexedor gondomareño agradeceu unha vez máis a colaboración do goberno galego nunha materia tan sensible como é a política de emprego e subliñou que “é preciso que as administracións xuntemos forzas e traballemos en obxectivos comúns para todos, como é a creación de empleo, favorecer a inserción laboral dos nosos veciños en paro”.

 

Destacou o bo resultado destes talleres duais que facilitan durante o tempo da formación un contrato laboral aos participantes, e que “unha vez máis queda plasmado con feitos, con contratos asinados polos alumnos ou alumnas do obradoiro que lles permite acceder ao rematar ao mercado laboral”.

 

Pola súa banda a secretaria territorial, Ana Ruiz, agradeceu a labor do equipo docente e a implicación dos concellos en levar adiante estes obradoiros. Aos e ás participantes “agradezco o esforzo realizado e o interese por dotarse das ferramentas precisas para desenvolver un bo traballo, que en moitos casos xa o tedes, e noutros chegará”.

 

“Crea e coida Miñor II”, financiado pola Xunta con 350.000 euros e unha achega de algo máis de 3.000 euros por Baiona, Gondomar e Nigrán, respectivamente. Os dous obradoiros, desenvoltos en Gondomar, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, facilitaron aos participantes un contrato de traballo non concello co salario mínimo interprofesional durante os 9 meses de duración da formación, eminentemente práctica en ambas as dúas especialidades ofertadas.

 

Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, obxecto de ambos os dous talleres, os alumnos- traballadores recibiron formación complementaria en cuestións craves para a procura de emprego e acceso ao mercado laboral como son a prevención de riscos laborais, alfabetización informática, igualdade, manipulación de alimentos ou autoemprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.