VIGO
Feijóo defende en Vigo a dieta atlántica rica en produtos do mar
O presidente da Xunta acompañou hoxe á S.M. a Raíña Letizia na inauguración do IX Congreso Internacional sobre Nutrición e Saúde FAO-Conxemar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe a dieta atlántica rica en produtos do mar como o mellor argumento para impulsar unha alimentación de futuro saudable e sostible.
Durante o acto de inauguración do IX Congreso Internacional sobre Nutrición e Saúde FAO-Conxemar, no que acompañou á S.M. a Raíña Letizia, Feijóo referiuse así ao valor do mar como fonte de benestar e incidiu na necesidade de fomentar a concienciación e difusión sobre a importancia do consumo destes produtos. Un labor co que está comprometida a Administración galega, a través de iniciativas que teñen chegado a máis de 160.000 nenos e ás novas xeracións, co obxectivo de que Galicia siga sendo referente en consumo de produtos do mar, cun 22% por riba do consumo per cápita nacional.
Refírese ao valor do mar como fonte de benestar e incide na necesidade de fomentar a concienciación e difusión sobre a importancia do consumo destes produtos
Logo de referirse ao potencial do peixe como proteína baixa en pegada de carbono, en relación ao cambio climático, o presidente da Xunta destacou o peso económico e social do sector mar-industria na comunidade, con 9.000 millóns de euros anuais de facturación e arredor de 50.000 traballadores; así como o seu liderado produtivo ao desembarcar o 70% da pesca fresca de España.
Feijóo concluíu destacando e agradecendo o traballo de Conxemar á hora de impulsar un sector estratéxico para o tecido económico e social galego, un labor reflectido nas máis de 220 empresas asociadas ás que representa e nunha facturación anual de 7.500 millóns de euros. Ademais de incidir na importancia de foros coma este, para saber máis sobre o valor nutricional e impulsar o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14