Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Lunes, 04 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Manuel Lorenzo e Rocío Rodríguez soben ao máis alto do podio da 15k Atlántico

Os atletas saíron de Oia e pasaron polo Rosal ata chegar á Guarda

A 15K Atlántico Banco Mediolanum contou este ano no alto do podio con Manuel Lorenzo, na categoría masculina, e a Rocío Rodríguez Oliveira, na feminina, como os gañadores dunha proba na que participaron máis de 500 atletas, o número máximo permitido polos controis sanitarios vixentes. Foron quince quilómetros entre Oia e A Guarda, con paso polo Rosal. A carreira é xa unha tradición con oito edicións xa disputadas. Despois dun período de dúbidas, a súa celebración supón un novo paso para a normalidade deportiva. Ademais, tamén realizou unha marcha na que participaron 100 persoas.

 

Manuel Lorenzo López foi o que presentouse primeiro na liña de chegada no incomparable marco do paseo do Porto da Guarda, escenario habitual para instalar a meta. O gañador tivo en Iván Docampo González, que ocupou a segunda posición, ao seu principal opoñente. Óscar Bernárdez Carballo foi terceiro y completou o podio. Jordi Carrasco e Juan Outón foron cuarto e quinto, respectivamente.


Na categoría feminina foi Rocío Rodríguez Oliveira a que proclamouse campioa. Superou a Uxía Fernández García, que ocupou o segundo lugar na clasificación. Ana Alonso García foi terceira. A continuación entraron Belén Bascoy Cao e Sandra Fernández Yáñez.


Na presente edición participaron máis de 500 deportistas e estableceuse un estrito control sanitario. Programáronse saídas en grupos cada 30 segundos. O mosteiro de Oia foi o lugar, tamén tradicional, onde iniciouse a proba. Os 15 quilómetros habituais cambiaron algo o seu percorrido, pero sen grandes sorpresas. Os atletas pasaron polo Rosal ata chegar á Guarda. Os tres concellos apoiaron a proba co seu apoio, tal como aconteceu en edicións anteriores.


Ademais de estar consolidada como un referente e ao mesmo xa se pode considerar emblemática, tamén serve para promocionar o Camiño Portugués pola Costa, que nos últimos meses adquiriu unha gran importancia co gran número de peregrinos que o utilizan.


La 15k Atlántico Banco Mediolanum tamén amosou o seu lado máis solidario. A través do programa Mediolanumaproxima, que axuda a coñecer ás ONGS locais, colaborou con Bicos de Papel, asociación que axuda aos nenos oncolóxicos. Búscase favorecer o seu apoio escolar aos xoves que deben estar ingresados no hospital por esta enfermidade. En cada inscrición realizouse unha doazón dun euro e tamén creouse unha fila cero. Con todo elo e a aportación da Fundación Banco Mediolanum chegouse á cantidade de 10.000 euros.
A Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Supermercados Froiz tamén colaboraron para que a xornada fora un éxito. O bo tempo acompañou á competición. “Za nos apetecía desfrutar”, dixeron moitos dos participantes. A próxima edición xa está en marcha.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.