Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 11:04:09 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Patrimonio informa favorablemente o proxecto de humanización da Avenida de Portugal

Avanza deste xeito a tramitación previa á execución desta obra nun tramo do Camiño Portugués e entrada a Galicia dende Portugal

O proxecto de humanización da Avenida de Portugal no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o cruce coa N550 continúa avanzando na súa tramitación.


En concreto a Dirección Xeral de Patrimonio resolveu autorizar as obras do “Proxecto de construción de adecuación e mellora da seguridade viaria na estrada N-551 pk 1+400 a 1+850 coincidente coa traza do Camiño Portugués de Santiago” coas condicións e consideracións técnicas indicadas no informe.


O proxecto abrangue medio quilómetro coincidente co tramo do Camiño de Santiago. A actuación realízase nunha zona afectada pola protección do propio Camiño de Santiago, da vella Ponte Internacional e de varias edificacións integradas no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.


O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana é quen promove e financia esta actuación valorada en máis de 500 mil euros.  A súa execución suporá a mellora substancial na entrada a Galicia dende Portugal, e na porta de entrada do Camiño de Santiago dende o país veciño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.