Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Escola de Xadrez de Gondomar esperta gran interese entre os máis novo

O concello de Gondomar, a través do seu departamento de Deportes, puxo en marcha esta semana a Escola de Xadrez, a nova iniciativa que o goberno local desenvolverá en colaboración de “Xadrez Galego”, cuxos mestres xa impartiron as primeiras clases esta semana

Nas dúas primeiras semanas xa son 15 os alumnos/as os/as que se animaron a matricularse na Escola Municipal de Xadrez e “xa amosaron as súas aptitudes para enfrontarse ás táboas e aos seus rivais”, manifestou o rexedor Paco Ferreira, que seguiu de preto as primeiras partidas que se desenvolveron na aula.

 

Con esta iniciativa o concello de Gondomar quere converterse nun punto de encontro de xadrecistas e animar a práctica deste xogo en toda a comarca do Val Miñor, sen descartar que se poidan formar futuros campións e campioas na materia.

 

A Escola de Xadrez nace con vocación e converterse nun referente na que ademais de “formar, tamén potenciemos esta actividade, así como a organización de diferentes competicións”. Tamén abre a posibilidade das clases en liña e, no seu momento, organizar xornadas abertas para achegar o xadrez a todos/as, así como a colocación de distintos taboleiros en zonas de lecer para xogar en calquera momento do ano.

 

Matrícula

O prazo de matrícula continúa aberto e as persoas interesadas poderán formalizala non Pavillón Municipal Bernabé Costas, rexéndose esta actividade tanto polas normas como as taxas das Escolas deportivas municipais 2021/22. O curso, que terá unha duración de oito meses, impartirase os luns e xoves no Auditorio Municipal Lois Tobío.

 

Haberá tres grupos diferentes: persoas de 6 a 16 anos, un segundo de 16 a 55 anos e, por último, o alumnado que supere os 55 anos. Para máis información pódense dirixir ao teléfono 608748393 ou ao correo deportes@concellodegondomar.gal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.