Jueves, 18 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 11 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello e ADIF realizaron outra reunión sobre a supresión do paso a nivel

A alcaldesa Eva García, asistida por técnicos municipais, e a directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF, Monserrat Rallo, tamén asistida por técnicos do seu departamento, mantiveron unha reunión telemática para revisar detalles sobre o proxecto de supresión do paso a nivel no centro de Porriño.


A alcaldesa trasladoulle a ADIF a posibilidade de que estuden aumentar a lousa (é dicir, o tramo da vía férrea que será soterrada) para que haxa un espazo peonil máis amplo que permita unha maior trama urbana.


Os técnicos de ADIF valorarán esta posibilidade, que se resolverá nunha próxima reunión técnica, que xa será presencial, que se celebrará en novembro en Madrid.


Eva Garcia amosouse "moi esperanzada" de que o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño reciba unha das partidas de inversións contempladas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.