Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 17 de Marzo de 2026 a las 22:38:35 horas

Xornal21.es
Jueves, 07 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos aproba o novo prego para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar,

O Concello mosense é punteiro no SAF, no que actualmente conta con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, e casi 65.000 horas anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas

O pasado martes 5 de outubro levouse a aprobación ao Pleno Ordinario do Concello de Mos o expediente de contratación do servizo de Axuda no Fogar aprobado por maioría con todos os votos a favor, agás a abstención de GañaMos.

 

O obxetivo deste contrato que supera o orzamento anual de 1 millón de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais.

 

Valóranse tamén neste prego os servizos complementarios destinados a mellorar a calidade de vida dos enfermos como por exemplo axudas técnicas tales como camas articuladas, grúas, cadeiras de rodas, de ducha, discos xiratorios… Servizos como o de podoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional, limpeza de choque…

 

Este é un prego sumamente importante no que se adxudicará un servizo para un total de 64.831 horas de servizo anual, por un importe total de 5.600.000 € (correspondente os 2 anos de servizo máis 2 de prórroga; é dicir importe por 4 anos de prestación de servizo). Actualízase ademáis o prezo da hora en 18 € + IVE e as condicións técnicas do prego de condicións.

 

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, explicaron a este respecto que “neste prego recollemos ademáis todas aquelas propostas que os técnicos municipais consideraron viables e que optimizan e implementan o servizo; tales como máis axudas técnicas, máis EPIs, o servizo de terapia ocupacional, etc. E outras moitas suxerencias relativas a temas de máxima prioridade en persoal de este sector tales como as medidas de protección integral contra a violencia de xénero en caso de traballadoras do SAF vítimas de violencia de xénero, ou material de prevención de riscos laboráis”.

 

“Este é un prego acorde a un Concello como o noso”, destacaron as representantes municipais Arévalo e Cebreiro, “un Concello punteiro no SAF no que actualmente contamos con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, casi 65.000 horas fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Na actualidade non temos ningunha persoa de grado 3 e 2 en lista de espera”.

 

E é que o Concello de Mos é un dos municipios galegos con máis horas anuais de SAF, contrastando a cantidade con outros como O Porriño, que con 20.000 habitantes dispón de 49.146 horas anuais, Tui case 18.000 habitantes e 28.740 horas, Nigrán con 17.000 habitantes e 37.572 horas, ou Gondomar que, con 15.000 habitantes ao igual que Mos, conta con menos da metade de horas, concretamente 31.524 ao ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.