REDONDELA
'Axentes do cambio' de Redondela presenta o seu logo identificativo
O grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Redondela vén de poñerse un nome e de escoller un logotipo co que darse a coñecer publicamente. Este grupo de nenos, nenas e adolescentes do concello redondelán reúnese quincenalmente para avaliar a situación da infancia e a adolescencia no municipio e facer propostas de cambio e de mellora para todos e para todas.
Actualmente está formado por mozas e mozos de 11 aos 14 anos, aínda que o grupo está a aberto para todas as persoas de 10 aos 17 anos. A súa canle de comunicación pública é un perfil de Instagram, creado polo propio grupo, co nome: 'Axentes do cambio': https://www.instagram.com/axentesdocambio/
Este grupo, que comezou a xuntarse telematicamente por mor da pandemia, estase a reunir presencialmente dende o mes de maio, co apoio de Karina, única adulta destas reunións, que exerce como dinamizadora do mesmo. Dende as súas xuntanzas traballan en temas como o bullying, os dereitos da infancia e a adolescencia, o medio ambiente e o coidado animal, entre outros.
O desexo deste pequeno colectivo é facerse máis grande, implicando a outros nenos, nenas e adolescentes do noso municipio, e traballar para mellorar Redondela, grazas á interlocución co Concello.
A existencia deste grupo, que funciona paralelamente aos plenos infantís do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, responde á preocupación do Concello de Redondela por favorecer o dereito dos nenos e nenas a ter unha opinión, a expresarse e mais a seren escoitados, tal e como se recolle na Convención dos Dereitos do Neno e da Nena.
O logo
O logotipo do grupo, escollido polos propios nenos e nenas, fai alusión á Coca de Redondela, e emprega as cores verde e violeta por ser representativas da natureza –a primeira–, e da creatividade e tamén da igualdade de xénero –a segunda–. O deseño foi realizado pola empresa redondelá VypEstudio, co apoio da Concellería de Ensino de Redondela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170