Lunes, 03 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 12 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Unha empresa doa un gran motor para instalar nunha rotonda da Granxa

A empresa "RS Motor Power Solutions", situada no polígono PPI 5, informou á alcaldesa Eva García de que doarán un gran motor para instalalo na rotonda situada fronte ás instalacións da compañía na Granxa.


A alcaldesa, acompañada por Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras, e José Antonio Olmedo, xefe de persoal, visitaron o almacén de "RS Motor" onde foron recibidos por Ramón Gómez Rúa e Agustín Alonso, socios propietarios, xunto con Celia Villar, xefe de administración e Analía Martínez, community manager da firma.


A alcaldesa agradeceu no nome do Concello a doazón que fará a empresa. A comitiva comprobou no lugar o punto onde se instalará, na rotonda onde conflúen tres estradas.


O motor, un "Deutz" de 10 toneladas que foi retirado dunha depuradora, será restaurado pola propia empresa para a súa posterior instalación na rotonda, en colaboración cos servizos técnicos municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.