MUNDO EMPRESA
A Xunta adxudica case 70.000 m2 de solo empresarial banificado
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou unha das parcelas asignadas no Pereiro de Aguiar
A Xunta acaba de adxudicar case 70.000 m2 de solo empresarial no conxunto da Comunidade cunha bonificación sobre o prezo de venda de preto de 3 millóns de euros.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou recentemente unha das dúas parcelas adxudicadas no parque empresarial do Pereiro de Aguiar, onde anunciou que nos últimos días se venderon un total de 16 parcelas por un importe de 4,52 millóns de euros, despois de aplicarlle un desconto dun 50%.
Ángeles Vázquez subliñou que aos 3.677 m2 da provincia de Ourense, hai que sumar os asignados en Cervo (1 parcela de 4.424 m2) e nas Gándaras (6 parcelas que suman 24.486 m2), na provincia de Lugo; e os asignados no parque de Bértoa, en Carballo (2 parcelas con 3.967 m2), e na Sionlla, en Santiago de Compostela (5 parcelas cun total de 32.492 m2), na provincia da Coruña.
De feito, no que vai de ano, a Xunta xa adxudicou ou ten reservados máis de 327.000 metros cadrados de solo empresarial en todo Galicia, que supoñen en total un prezo de venda de 24,5 millóns de euros.
Ampliación do polígono do Pereiro de Aguiar
Antes de visitar o parque do Pereiro de Aguiar, a conselleira mantivo unha reunión con empresarios do municipio na Casa do Concello, onde lembrou que o Goberno galego está xa a planificar o desenvolvemento de novas bolsas de solo, co fin de adiantarse a posibles necesidades, a través da segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia.
Esas necesidades xorden en casos como o do polígono do Pereiro de Aguiar, ámbito no que Xestur só ten unha parcela dispoñible e onde a Xunta, como anunciou hoxe Ángeles Vázquez, prevé a ampliación do parque cara ao sur, nos terreos entre a estrada OU-537 e o límite de San Cibrao das Viñas, ata un total de 194.000 m2 máis.
Ademais desta actuación, este instrumento de planificación tamén prevé na provincia de Ourense actuacións que beneficiarán directamente a outros concellos e á súa área de influencia, como O Carballiño-Maside e O Barco de Valdeorras.
Neste sentido, o alcalde do Pereiro de Aguiar, Luís Menor, agradeceu o apoio do departamento que dirixe Ángeles Vázquez con esta “ampliación natural” do actual parque empresarial que dará resposta a dúas circunstancias: o feito de que o solo empresarial no Concello está practicamente esgotado e que atenderá a unha necesidade que xa está detectada, tendo en conta a dinámica poboacional do Pereiro.
Por último, a conselleira defendeu que con estas dúas medidas, as bonificacións e a planificación do solo empresarial, a Xunta traslada o seu apoio aos empresarios, así como á xeración de oportunidades e de riqueza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11