Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Davila: "Salceda so no papel ten remanente de tesourería positivo"

O Grupo Popular lamenta que "se alarde dunhas contas que non contan a realidade do noso Concello"

"O papel, todo o aguanta"; Así se manifesta o voceiro popular ante a irresponsabilidade do goberno local de presumir das contas do ano 2020. Según di Santiago Rodríguez Davila,

 

“Como se pode alardear duns números que na realidade son moi pero moi negativos. Deixan centos de facturas sen pagar por un importe de 1.950.000 €, e así poden decir que teñen remanente positivo de 1,5 millóns. Se pagasen eses 1,9 millóns no ano 20, o remanente sería NEGATIVO en -450.000 €. Que pensaran os autónomos, pemes, provedores e comercios cando ven o goberno botarse flores pola suposta boa xestión económica, cando eles esperan meses e meses e incluso moitísimos cobran no ano seguinte o da data das facturas emitidas polos traballos ou servizos prestados.”

 

“Por non pagar, nin pagan a axuda no fogar, cando o goberno si ingresa todos os meses o que aporta o usuario, a Deputación e a Xunta de Galicia, sen embargo, o Concello non lle paga a empresa.”

 

O voceiro asegura ademais que “os seguros dos coches da policía, protección civil, os camións da recollida do lixo…foron pagados moitos meses despois e no ano seguinte do seu vencemento e a través do REC.”

 

“A débeda a 31 de decembro de 2020 era de 3.396.000 €, dos cales 832.000 € en préstamos, 284.000 € en devolucións pendentes o estado, 330.000 € en facturas recoñecidas pero non pagadas e 1.950.000 € en facturas sen recoñecer que se aboaron en marzo e abril de 2021 a través dos REC. Con este último pago, o orzamento deste ano 21, xa comezou cun -1.950.000 €, vamos ver cantas facturas quedan este ano sen pagar, eso si! Voltaran a decir que temos moitos euros nas contas”

 

Por último os populares solicitan a alcaldesa e exalcaldesa, "que se deixen de slóganes, titulares e alardes que quedan moi bonitos na prensa, pero a realidade do noso Concello e moi distinta a o que escriben no papel de prensa.  Xestionen con rigor e seriedade os cartos de tod@s.”     

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.