Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación lanza o concurso escolar “Lebres como Gacelas”

O certame está dirixido ao alumnado de Secundaria que deberá presentar unha creación artística que fusione poesía e fotografía

De xeito paralelo e complementario á exposición “Lebres como Gacelas”, inspirada na obra de Xela Arias que ata o 28 de novembro se pode ver na sede provincial en Vigo, a Deputación vén de lanzar o concurso escolar do mesmo título entre o alumnado de Secundaria da provincia, un certame que se enmarca tamén nas actividades en homenaxe á autora das Letras Galegas 2021. O concurso, que busca achegar a figura e o legado de Arias ao público máis novo amais de fomentar a súa creatividade une, como no caso da mostra, poesía e fotografía e premiará tanto aos é ás estudantes como aos centros onde estudan.

 

Para participar, o alumnado de Secundaria dos centros de ensino da provincia deberá realizar creacións artísticas (unha por autor/a) que combinen fotografías e poesías inéditas. Unha persoa responsable do centro educativo, unha mestra ou un mestre ou a Dirección do centro, presentará cada una das creatividades realizadas polos alumnos e alumnas, identificadas co nome, coa idade e co centro da persoa participante. A proposta artística enviarase en formato JPG ou PDF e cunha alta resolución ao correo electrónico: participa.igualdade@depo.gal e o prazo de entrega finalizará o 5 de novembro.

 

A Deputación recoñecerá ao instituto gañador cun mural dedicado a Xela Arias que realizará a artista Tania Solla e unha actividade lúdica e interactiva sobre Xela impartida polo Correo do Vento. Pola súa banda, a moza ou o mozo gañador recibirá unha cámara Polaroid e un agasallo didáctico. Amais, concederanse tamén dous accésit, unha actividade lúdica e interactiva sobre Xela Arias para o centro, mentres que a moza ou o mozo recoñecidos con este outro premio recibirán un agasallo didáctico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.