Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 12:08:47 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Guerrilla marcha de Pontevedra tras tres días de cultura comprometida

O sábado pola noite rematou con éxito a primeira edición de Guerrilla, que durante tres días encheu Pontevedra de cultura comprometida e alternativa, da man de artistas como Marwán, Leo Bassi ou a banda estadounidense The Last Internationale.



Ademais dos concertos e actuacións, o público puido gozar de faladoiros con Marwán, Iván Prado, Manuel Gago, Eva Mejuto, Montse Fajardo e María Xesús Escudeiro, que conversaron sobre a resistencia galega na II Guerra Mundial, a loita antifranquista nesta cidade ou a poesía como motor de cambio.



O obxectivo destas xornadas impulsadas polo Concello de Pontevedra e Culturactiva S. Coop. Galega, foi pór en valor as loitas sociais e culturais históricas que se artellaron no noso país. O grande interese que demostrou o público pola iniciativa demostra que estas loitas non están mortas, e que dende todos os recunchos de Galicia e do resto do mundo estanse a facer pequenas accións culturais para construir unha sociedade xusta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.