Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 09:02:28 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

VictoriaAlonso “o PP de mos minte para defender o Celta”

No pasado pleno, a corporación municipal debateu unha moción na que se reclamaba implicación por parte do concello para a recuperación e posta en valor do patrimonio do Castro de Torroso. "Aspecto que levase reclamando dende fai tempo pero que dende o goberno dos populares non mostran interese"  denuncian.

 

Na súa intervención a voceira socialista, Victoria Alonso, expresou o malestar polo trato do goberno local co patrimonio do concello. Poñendo exemplos coma que na escavación levada a cabo recentemente pola parroquia de Pereiras, está financiada polo Comunidade de Montes xa que a administración local a pesares de ser coñecedor da intención da veciñanza por recuperar ese castro non colaborou. Outro exemplo foi o dos restos atopados durante as obras dos campos do Celta. E neste caso a socialista comentou que os restos atopados foron enviados para o Museo Provincial sen darlle maior difusión nin mostrar interese por parte do concello, dicindo que isto fora así tamén polo empeño en que as obras seguisen e non darlle publicidade o atopado.

 

Foi as referencias ó proxecto do Celta o que desestabilizou a bancada dos Populares que durante a intervención do concelleiro delegado de patrimonio, Leo Costas, "dixo que a Comunidade de Montes de Pereiras foi quen comprou os terreos cos cartos do Celta para facer esa escavación. Polo que dende a bancada socialista esperan que dito concelleiro se retracte de tales declaracións e pida desculpas ante a veciñanza. Ditos terreos foron comprados alo menos un ano antes de pechar dito acordo e estando a anterior directiva o cargo da Comunidade. En dita compra colaborou a Comunidade de Montes, a Asociación de Veciños e comisións de festas" sinalan os socialistas.

 

Victoria Alonso di que estas declaracións "son froito da tensión que ten o Partido Popular por defender a Mouriño e que parece mentira que un concelleiro de dita parroquia diga tal afirmación. Engade que tales declaracións foron feitas co beneplácito da alcaldía que asentía coa cabeza". Alonso finaliza dicindo que queda demostrado que no Partido Popular de Mos están dispostos a dicir calquera tipo de engano con tal de defender o proxecto da cidade deportiva de Mouriño".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.