O Porriño
Unha nova sentenza contra o Concello do Porriño anula facturas acordadas polo Pleno
Lorenzo di que incluíndo os 5 millóns que existen no caixón “desastre” que estarían na mesma situación, “hai indicios de que estamos ante facturas por traballos que xamais se realizaron e que se están pagando"
O Partido Popular do Porriño ven de recibir unha nova sen- tenza do Xulgado Contencioso/Administrativo número 1 de Pontevedra que anula os acordos de dúas modificacións de crédito aprobadas polo pleno do Concello de Porriño e que ascenden a 1,5 millóns de euros por “non acreditar nos expedientes administrativos o cumprimento dos requisitos necesarios para aprobalos”. En concreto, son os plenos que se celebraron o 30 de outu- bro e 27 de novembro de 2019 e nos que se aprobaron dous recoñecementos extraxudiciais de crédito, un por valor de 751.842,89 euros e o segundo, por 750.011,01 euros.
Esta sentenza, explica o voceiro Alejandro Lorenzo, obriga ao Concello do Po- rriño a repetir os dous plenos e, asemade, os recoñecementos extraxudiciais porque segundo recolle o documento, “nos expedientes non se incluíron as facturas. Tampouco constan os necesarios informes técnicos dos servi- zos municipais correspondentes acreditativos de: a) a correcta execu- ción do servizo e b) corrección do prezo. Tampouco figura a identidade da concreta persoa que realizou cada encargo, nin consecuentemente, a acreditación do propio encargo. E por último tampouco se indica nada sobre as medidas a adoptar fronte aos responsables de encargos irregu- lares nin para evitalo no futuro”.
Para o popular, “esta forma de proceder do Goberno local ten consecuencias nefastas tamén para as empresas que xa cobraron esas facturas de xeito irregular, e que agora teñen que acreditar os traballos feitos e cumprir cos requisitos formais que sinala a sentenza”. Ademais, o pago ao empresario debe limitarse unicamente ao gasto efectivo que houbo de desembolsar para a prestación do servizo, excluíndose o beneficio industrial por facerse baixo un encargo verbal (a dedo), eludindo o procedemento de licitación e de conco- rrencia competitiva legalmente esixible.
“Unha xestión irregular e ilegal que en pleno contou cos votos a favor de PSOE, UDDL, BNG e EUSON, xa que os únicos concelleiros que votaron en contra foron os do Partido Popular”, recorda Lorenzo. “Un voto totalmente irresponsable xa que votaron sen saber o contido desas facturas, por- que non aparecían no expediente, e contando con informes desfavora- bles da intervención municipal. Polo tanto, Eva García de la Torre o fixo amparada polo resto de concelleiros da corporación, que calaron e apoiaron este tipo de prácticas totalmente irregulares”.
Ademais, “as empresas nada teñen que ver con Porriño, nin están nin xeran emprego no noso concello, favorecendo a empresas amigas e con clara connivencia entre empre- sa e administración, en prexuízo daquelas que existen no Porriño
Así, di que desde o PP “poñemos en dúbida a veracidade de moita factu- ración existente que recordamos supera os 5 MILLONS de euros, hai in- dicios de que estamos ante facturas por traballos que xamais se realizaron e que se están pagando”.
E, ademais, “as empresas adxudicatarias nada teñen que ver con Porriño, nin están no noso concello nin xeran emprego no noso concello; empresas con- tratadas a DEDO facilitando prácticas caciquís e favorecendo a amigos manifestando unha clara connivencia entre empresa e administración. Este feito claramente prexudica as empresas que existen no Porriño non contando con elas ou sen permitirlles participar en ningún proceso de contratación, porque simplemente non existe. Feitos moi graves dos que o PP non é cómplice. A xente merece honestidade”.
O 40% DO GASTO SEN CONTRATO E Á MARXE DO ORZAMENTO
Unha vez máis, sinalan desde o PP, unha nova sentenza xudicial volve a de- mostrar que o Concello do Porriño contrata a empresas e particulares servizos ou subministracións con omisión total e absoluta do procedemento legalmente establecido. Son encargos verbais efectuados “por autoridades ou persoal da corporación municipal” directamente a terceiros, sen tramitación, sen ex- pediente de contratación, sen prefixar o prezo, sen formalizar contra- tos.... É máis, segundo a persoa que exercía como interventora municipal naquel momento, esta “recoñeceu que se trata dunha práctica irregular que acontece de xeito masivo e xeneralizado” no Concello do Porriño, ata o punto que “aproximadamente o 40% do gasto corrente anual por este tipo de conceptos se realizan sen contrato e á marxe do orzamento”. É dicir, de 12 millóns de euros de gasto no exercicio orza- mentario, 5 millóns de euros obedecían a encargos irregulares.
Por último, Lorenzo recorda que, “ante toda esta trama clientelar”, o Goberno de Eva García de la Torre, que só ten catro concelleiros de 17 da corporación, unicamente pode manterse co apoio e voto a favor doutros grupos políticos, como se demostrou nestes plenos. O principal UDDL e Manuel Carrera que, apunta, “desde o pleno de investidura é asesor do grupo provincial do PSOE con nómina na Deputación de Pontevedra. Parece que o seu voto non só foi decisivo para que García de la Torre sexa alcaldesa, senón tamén para aprobar os recoñecementos extraxudiciais de crédito e favorecer todo este entramado, que tamén inclúe as facturas que el mesmo orde- nou e encargou de xeito verbal, situación pola que xunto á alcaldesa e outro ex edil están imputados”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116