Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Lunes, 18 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Arrancan as obras de reforma e adecuación das dependencias da Policía Local

Durante a execución das obras a Policía Local prestará atención á cidadanía no primeiro andar do edificio do concello vello

Fai uns días iniciáronse os traballos para a Reforma e adecuación á norma das  dependencias da Policía Local, a través dunha axuda por importe de 39.813,19€ da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.


Con esta reforma pretendese modernizar, ampliar e adecuar ás necesidades actuais as dependencias policiais, mellorando a zona de atención ao público e ampliando o espazo para oficinas. Tamen se habilitará un espazo para sala de reunións e dotaranse duns novos vestiarios.


En total pretendese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais.


Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. Este proxecto está na liña de modernización das dependencias municipais que se ven producindo dende que se construiu o novo concello na casa dos Alonsos.


O orzamento desta licitación é de 47.00,94 € sen IVE (o orzamento con IVE é de 56.875.98 €). O prazo de execución das obras é de 45 días hábiles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.