Vigo
Asociacións veciñais da comarca de Vigo reciben máis de 600.000 da Xunta
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou onte a Asociación de Veciños Cristo da Victoria de Coia, unha das 14 entidades da cidade de Vigo que recibiu apoios ao abeiro do Plan autonómico de acción comunitaria
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou onte o local social da Asociación de Veciños Cristo da Victoria, que recibiu este ano 11.918,50 euros para reformas de albanelería e carpintería interior e exterior, incluíndo la renovación dos aseos, ao abeiro da convocatoria das axudas incluídas no Plan específico de acción comunitaria.
A Xunta destinou este ano 2,5 millóns de euros a esta liña de axudas con 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo por importe de 601.241 euros, tal e como subliñou a representante autonómica. En canto ao concello vigués, foron 14 as asociacións beneficiarias con máis de 201.000 euros.
Fernández-Tapias remarcou a aposta da Xunta por atender ao asociacionismo veciñal, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local mediante investimentos tanto de obras nos locais sociais como na dotación do equipamento para levar a cabo as súas actividades.
Asemade, a delegada informou de que hoxe o DOG publica unha ampliación do prazo, ata o 15 de novembro de 2021, para que as entidades beneficiarias poidan executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados, “co fin de facer viable o proceso e posibilitar o cumprimento do procedemento de xestión”.
No marco destas achegas, as asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais beneficiarias reciben apoio para financiar os seus proxectos relacionados co acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e compra de novos equipamentos, o que lles permite manter o seu funcionamento, a prestación de novos servizos e a organización de actividades.
En canto ás comunidades de usuarios de augas, incluídas na orde, ademais dos anteriores investimentos, poden destinar estas axudas a obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106