Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 11:56:42 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

O Club Xadrez Mos, canteira de campións nacionais e internacionais

O Concello acolleu esta semana unha recepción Miguel Senlle, Xabier Pérez e Carmen Gallardo polos logros acadados este verán

Esta semana celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a tres xogadores do Club Xadrez Mos polos logros acadados durante o pasado verán nesta disciplina deportiva.

 

Miguel Senlle, Xabier Pérez e Carmen Gallardo, acompañados por familiares e representantes da directiva do Club Xadrez Mos, foron recibidos e felicitados na Casa Consistorial mosense por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade, José Areal, concelleiro de Deportes e demais membros da Corporación Municipal.Miguel Senlle Caride, que é Mestre FIDE e adestrador dos grupos de maior nivel do Club Xadrez Mos, erixiuse campión do VII Open Internacional Hotel Cemar (Mondariz) o pasado 22 agosto, proclamándose campión cun total de 8 puntos sobre o total de 9, facendo unha actuación brillante.

 

Pola súa banda Xabier Pérez Sousa e Carmen Gallardo García, foron subcampións de España representando a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil o pasado 20 de xuño.

 

No devandito Campionato de España, celebrado en Gijón, a Selección Galega Sub-14 proclamouse Subcampioa cun balance de 4 victorias, 1 empate e 1 derrota; e contando no equipo galego cos mosenses Xabi e Carmen.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.