Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Cambios na sinalización horizontal na rúas Xogo da Ola e Leandro Diz

O Concello do Porriño informa de traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.
 


"Na rúa Xogo da Ola procederase a sinalización viaria horizontal de aparcamento en batería na marxe esquerda en sentido descendente. E na rúa Leandro Díz  ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez, eliminarase a liña de aparcamento da marxe dereita da calzada para habilitar dous sentidos de circulación", segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.

 

"Esta nova sinalización viaria, habilitando dobre carril na rúa Leandro Diz, lévase a cabo para poder realizar as obras de humanización e peonalización do treito da rúa Manuel Rodríguez desde a rúa Xogo da Ola ate a Praza de San Sebastián", informou Pereira Fernández.


 
A Policía Local e a agrupación de Protección Civil procederán a sinalización de prohibido aparcar na rúa Leandro Díz para poder realizar os traballos de pintado.

 

No caso de que o tempo non o permita os traballos de pintado nas rúas anteditas, "a mesma empresa procedería o mesmo luns a colocación da sinalización vertical na rúa Aloques", segundo comunicou o concelleiro responsable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.