O PORRIÑO
O BNG levará ao Congreso unha proposta "máis ambiciosa" para o paso a nivel
O deputado Néstor Rego visitou esta semana O Porriño. Tras manter unha reunión co concelleiro de Urbanismo Pedro Pereira e a responsábel local Míriam Martínez, deuse a coñecer a posición que defende o BNG para a supresión do paso a nivel e o soterramento das vías. O Bloque reclama soterrar o tren entre a estación e o Paseo do Louro, un tramo de arredor de 700 metros que permitiría comunicar o casco urbano coa zona verde do río, gañando unha gran plataforma para uso público en superficie. Rego comprometeuse a esixir ao Goberno do Estado investimentos para acometer a obra.
O parlamentario do Congreso introducirá este asunto, a través da presentación dunha emenda, nas negociacións que o BNG manterá co PSOE e Unidas Podemos para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado e realizará tamén unha pregunta parlamentar para coñecer de primeira man a disposición da Ministra e a posición de ADIF. Rego considera que non só se trata de suprimir unha barreira física, como é o paso a nivel, senón de medrar en espazo público para a veciñanza. “Demandamos que haxa unha mellor integración no tramo urbano, obxectivo que é perfectamente posíbel se hai vontade política por parte do Goberno español”, declarou o deputado nacionalista.
O portavoz do Bloque e concelleiro de Urbanismo, Pedro Pereira, lembra que existen avances para a supresión do paso a nivel e reclama que o proxecto sexa ambicioso. Pereira apunta a necesidade de alongar o soterramento que propón ADIF a día de hoxe. "É unha demanda histórica do Porriño e non podemos hipotecar o noso desenvolvemento urbano cunha solución parcial. Non aceptaremos un soterramento que se limite a eliminar o paso a nivel. Esiximos como mínimo poder eliminar tamén a barreira que supón a día de hoxe a vía do tren na comunicación entre o centro e o Louro. Unha obra desta importancia ten que estar planificada pensando no futuro. Para nós esta é unha intervención central que permitiría avanzar no modelo de vila que proxectamos para O Porriño”, declarou o portavoz do BNG.
Aposta polo Louro
En relación con ese obxectivo, desde o BNG apóstase polo río Louro e o bosque de ribeira como o pulmón que O Porriño precisa. A concellaría de Urbanismo vén de adquirir 20.000m2 de terreos na contorna do río e amplía unha zona verde e de lecer na que poder proxectar tamén novos equipamentos. Para a organización nacionalista, a recuperación integral deste espazo para a xente non será completa mentres o matadoiro permaneza na súa localización actual, polo que apostan pola negociación dun traslado crucial de cara ao futuro do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116