Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 25 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Replantación de especies autóctonas na illa Fillaboa con “Visit Río Minho”

O Concello de Salvaterra de Miño a través da AECT Río Miño e en colaboración coa Deputación de Pontevedra é beneficiario do proxecto “Visit Río Minho”, un proxecto ecoturístico, financiado un 75% por fondos europeos e que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros que están sendo  investidos na preservación e valorización do territorio Río Miño transfronteirizo, o cal abarca 26 municipios galegos e portugueses.

 

O obxectivo de " Visit Rio Minho" é a capitalización do río e do territorio adxacente a través de actividades transfronteirizas preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino turístico, e dentro das diferentes accións a realizar está a replantación de especies autóctonas na Illa Fillaboa, co fin de potenciar o aproveitamento das condicións naturais da Illa Fillaboa. 

 

A través desta acción preténdese mellorar a vexetación do propio entorno e convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente, pasando a ser unha visita obrigada en Salvaterra para todos os que desexen gozar da natureza do río Miño e a súa contorna. Replantación que   complementa o resto de acción  que se levarán a cabo dentro do Proxecto Europeo Río Miño destino navegable, que busca por en valor o entorno do Miño dunha forma sustentabel.

 

A Illa Fillaboa, de titularidade municipal, encóntrase na desembocadura do río Tea, dentro do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) do Baixo Miño ES114007, incluída en Rede Natura 2000, e conta cunha superficie en torno  aos 100.000m2. Nesta acción plantaranse árbores das especies: quercus suber, quercus Robur, Alnus Glutinosa, Laurus Nobilis, Fraxinus Angustifolia e Acer Pseudoplatanus.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.