GALICIA
Nova regulación que facilita as obras na contorna dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
Estímase que ata 500 solicitudes de autorización de obras das 1.200 que recibe ao ano Augas de Galicia poderán resolverse mediante a declaración responsable
Axilízase a execución de traballos de conservación e sinalización de estradas, pintado, retellado ou cambio de fiestras de vivendas, así como a instalación de pastores eléctricos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou en marzo do pasado ano no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Decreto polo que se modifican determinadas disposicións vixentes en materia de augas e que facilita a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica. No DOG do 3 de marzo de 2020 está dispoñible o modelo de declaración responsable a presentar para a realización destas actuacións. Neste enlace pódese ampliar a información relativa ao mesmo: https://bit.ly/2VDRnj1
O obxectivo desta disposición normativa é ampliar o catálogo de actuacións que se poden acometer ao carón dos leitos fluviais, presentando unha simple declaración responsable ante a Administración hidráulica da Xunta, sen ter que agardar a autorización de Augas de Galicia.
Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que vén a aumentar os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización, polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado dos canles dos ríos.
Este cambio no regulamento introduce ademais, como novidade que os traballos menores no dominio público hidráulico poidan comezarse desde o mesmo momento da presentación da declaración responsable, o que axiliza substancialmente a súa tramitación. Antes da norma, os traballos permitidos con só declaración responsable non podían comezar ata 15 días despois da presentación da dita declaración.
Beneficiaranse desta redución de prazos os traballos menores que xa podían realizarse previa declaración responsable e que son as actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.
Algúns destes traballos menores son a retirada de árbores mortas e podas de árbores que impiden accesos ás canle ou, sempre que non impliquen perda do substrato arbóreo da ribeira.
Os traballos menores no dominio público hidráulico poderán comezar o mesmo día da presentación da declaración responsable, suprimindo o anterior prazo de 15 días
Tamén a retirada de árbores mortas e podas de árbores que reduzan a capacidade da canle do río ou a retirada de elementos arrastrados pola corrente que obstrúan a canle ou que constitúan un elemento de degradación ou contaminación.
Outro dos traballos autorizados serán os correspondentes co mantemento das seccións de medición de caudais das redes oficiais de estacións de medición.
Ademais, ponden executarse só con declaración responsable, sen necesidade de autorización, actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e na súa zona de policía tale coma en infraestruturas, o bacheo de pistas forestais e a renovación de capas de rodadura de estradas e outras obras menores de mantemento ou de mellora da rede viaria pública tales como a renovación dos tendidos soterrados de redes de abastecemento de auga, sumidoiros, de electricidade, de gas ou de telecomunicacións, agás cando para a súa execución fosen precisos movementos de terras. Tamén, a colocación e substitución de carteis informativos ou de sinalización.
Tamén poden executarse en edificacións e vivendas, as consistentes en pintado de, revestimento e impermeabilización de fachadas, cambio de fiestras ou substitución de tellados e outras actuacións de similares características que en ningún caso impliquen ampliación do volume.
E por útimo poden realizarse presentando declaración responsable traballos nos seguintes tipos de peches: pastor eléctrico para gardar animais e permeables de malla ou similares e cunha distancia mínima entre postes de 3 m.
A Xunta recibe ao ano unhas 1.200 solicitudes de autorizacións de obras que, en ocasións, poden saturar o servizo e adiarse na súa emisión. Coa nova normativa, estímase que entre 400 e 500 destas solicitudes poderán acollerse á declaración responsable, axilizando as actuacións e centrando os esforzos nos eidos nos que resulte máis necesario actuar.
Modelo de declaración responsable
No DOG está ao dispor dos interesados a orde pola que se aproba o modelo de declaración responsable para a realización de actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e zona de policía. No seguinte enlace pódense consultar os pasos a seguir, así como o modelo: https://bit.ly/32PhIwm
Esta declaración presentarase por vía electrónica no caso das administracións públicas, persoas xurídicas ou as que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación, entre outras.
Aquelas persoas interesadas, non obrigadas á presentación electrónica, poderán achegar a declaración responsable presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129