O PORRIÑO
O PP denuncia que a alcaldesa "volve a quitar as competencias do pleno"
Lorenzo cuestiona por que realiza o informe xurídico para admitir o recurso presentado por unha das empresas que concursaron , cando noutros casos idénticos a aprobación si foi levada a pleno
O Partido Popular do Porriño denuncia que a alcaldesa, a socialista Eva García de la Torre, volveu a baleirar de competencias o pleno municipal para aprobar uns informes e admitir uns recursos que interfiren de xeito directo na licitación do contrato de lixo, que ascende a 11 millóns de euros e ten unha duración de oito anos. O voceiro local, Alejandro Lorenzo, cuestiona por que a alcaldesa realiza o informe xurídico para admitir o recurso presentado por unha empresa que de maneira sistemática facturou a dedo máis de 3 millóns de euros nos últimos anos, e con este recurso paraliza a adxudicación do contrato, mentres que cando a empresa adxudicataria, SERVICIOS DOS CONCELLOS GALEGOS, presentou no seu día acceso ao expediente (e que a día de hoxe continúa sen acceso a el) foi coa proposta de aprobación do Pleno, que é o órgano de contratación.
“Hai un proceder diferente, e polo tanto, tamén de favor entre as dúas empresas que están a día de hoxe pendentes da adxudicación do contrato”, sinala Lorenzo. Nesta liña, recorda que a empresa que fixo, sen contrato algún estes servizos en 2019 e 2020, e que facturou máis de 3 millóns de euros “a dedo” e cos reparos de intervención nos últimos dous anos, pediu acceso ao expediente para recorrer ao Tribunal de Contratación de Galicia a adxudicación feita á empresa Servizos dos Concellos Galegos. “Un acceso que debería ser aprobado polo pleno pero que, no seu caso, a alcaldesa elaborou sorprendentemente un informe xurídico que, de novo, volve a saltarse todo o procedemento administrativo e de competencias”. Ademais, denuncian que “non só fai ela mesma o informe xurídico, senón que o elaborou sen ter en conta aos técnicos municipais”.
Por iso, desde o grupo popular presentarán unha moción no pleno para solicitar a declaración de nulidade e revisión de oficio dos actos realizados, e que o Secretario municipal do Concello do Porriño informe aclarando de quen é a competencia para realizar e ordenar a realización do informe xurídico do órgano de contratación así como dar acceso o expediente de contratación, e que adopte, no seu caso, as medidas cauterales, que para o PP pasarían por paralizar e anular os informes da alcaldesa, e o acto realizado de conceder o acceso a documentación, efectuado polo Concelleiro de Limpeza en conxunto coa Alcaldesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22