Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 23 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O proxecto “Cinemaldea” chega a Mosteiro-Budiño e a Cans

“CinemAldea”, comezou con éxito as súas proxecións a pasada fin de semana, pasando por Atios, e as asociacións A Forna e Chan-Casal en Budiño

O proxecto “CinemAldea”, impulsado polo Festival de Cans e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño para achegar o cinema ás zonas rurais, segue esta fin de semana o seu percorrido. Este sábado 23 de outubro, chegará a Asociación Cultural Mosteiro en Budiño ás 20,00 horas, e o domingo 24 á Asociación de Veciños Castelo de Cans, ás 19,30 horas. A entrada é gratuita, pero é preciso a inscrición previa nos respectivos centros culturais desde media hora antes, ata completar o aforo permitido.

 

“CinemAldea” segue o seu periplo, depois de comezar con éxito de público a pasada fin de semana, na Asociación Os Penediños de Atios, e nas asociacións A Forna e Chan-Casal de Budiño.

 

Unha das premisas de “Cinemaldea”, ademáis de achegar o cinema ás zonas rurais sen acceso habitual ó cine, é promover nas vindeiras sesións o encontro de creadoras e creadores, e equipos das curtametraxes, co público asistente.



Este domingo en Cans terá lugar o primeiro destes encontros, coa presenza do cineasta de O Rosal Gon Caride, director da curta “Deux Options”, que acadou na última edición do Festival de Cans os Premios do Xurado ó Mellor Guión e á mellor interpretación masculina para os actores Jan Soja e Noël Faure. Caride estará en Cans para falar co público da realización desta curtametraxe sobre o racismo, a inmigración e a solidariedade. A obra está a ter un impresionante percorrido internacional. Leva máis de 60 seleccións en festivais de diversos países do mundo, desde Estados Unidos a Xapón, pasando por Francia, Alemaña, Arxentina ou Canadá, e foi recoñecida con dez premios internacionais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.