GALICIA
A Xunta destaca que a Lei do ciclo da auga ofrece aos concellos un novo modelo de xestión voluntario
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, interveu esta semana na Comisión 2ª do Parlamento
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, interveu esta semana na Comisión 2ª do Parlamento, onde salientou que a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga contribuirá a mellorar a calidade das augas e a atender as necesidade de apoio dos concellos para exercer as súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración. Trátase dun modelo de xestión voluntario que se ofrece aos concellos para mellorar os servizos e o coidado ambiental.
Teresa Gutiérrez destacou que se trata de dar resposta ás solicitudes de apoio que trasladan os municipios ao ter dificultades técnicas e financeiras para exercer de forma correcta as súas responsabilidades sobre os servizos urbanos da auga. E convidou aos concellos e ás deputacións provinciais a sumar esforzos para acadar un modelo positivo para todos.
A responsable de Augas de Galicia reitera que a Lei non leva aparelladas novas taxas e que se limita a reordenar as que xa existen, de aplicación só nos concellos que cedan a xestión dos seus sistemas de saneamento ou depuración á Xunta.
Concretou que estas dificultades están constatadas, pois a metade das depuradoras que xestionan os concellos teñen deficiencias, o que pode supor consecuencias negativas para a saúde pública, o medio natural, a pesca, o marisqueo ou o turismo. Ademais, os municipios solicitan de forma reiterada o apoio da Xunta para mellorar o funcionamento dos seus sistemas de abastecemento, saneamento e depuración.
A responsable de Augas de Galicia reitera que a Lei non leva aparelladas novas taxas e se limita a reordenar as que xa existen, de aplicación só nos concellos que cedan a xestión dos seus sistemas de saneamento ou depuración á Xunta
Neste sentido, explicou que a lei achegará unha ferramenta de xestión profesionalizada coa que se avanzará na igualdade de condicións no territorio e de prezos xustos e se acadarán aforros na explotación agrupada, aproveitando as economías de escala e as sinerxías.
Subliñou que a Xunta, a través desta lei, ofrece un modelo de xestión para os municipios que o soliciten voluntariamente, pero tamén teñen a opción de continuar coa xestión das súas instalacións como ata agora.
Lembrou que Augas de Galicia xa xestiona actualmente 28 depuradoras municipais e agora, con esta lei, estenderase esta oportunidade a todos os Concellos que soliciten ese encargo da explotación dos seus servizos.
Sen novas taxas
Reiterou que a lei non leva aparelladas novas taxas aos usuarios, senón que se reordenan as que existen e se substitúen as dos concellos nos casos de que estes cedan a xestión voluntariamente das súas infraestruturas hidráulicas a Augas de Galicia.
Precisou que Augas de Galicia lle aclarou esta semana a técnicos da Fegamp os cálculos erróneos que a Federación efectuou na simulación de cobro formulada.
A directora remarcou que a Xunta busca a maior transparencia e participación para acadar unha norma mediante a que se constrúa un modelo para todos e feito por todos e lembrou os diferentes foros de presentación e debate organizados sobre o anteproxecto de Lei, cuxo período de consulta pública se ampliou por dúas veces.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188