Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 16:14:28 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A cabaza, protagonista nos catro showcookings de Eurochef en Tui

Aberto o prazo de inscrición para asistir ás sesións que se celebrarán os días 30 e 31 de outubro no Paseo da Corredoira

O proxecto Eurochef desembarca este mes de outubro a Tui por todo o alto. Os vindeiros 30 e 31 de outubro o Paseo da Corredoira acollerá catro showcookings abertos ao público xeral con cinco chefs de altura nunha actividade organizada por Eurural e o resto dos grupos de desenvolvemento rural integrantes do proxecto Eurochef en colaboración co Concello de Tui.


[Img #71972]A cabaza será a gran protagonista dos pratos cociñados por todos os chefs, sumándose así á ‘I Feira da Cabaza’ que celebra o municipio tudense. A primeira xornada, o sábado 30, estará a cargo dos cociñeiros do proxecto Eurochef, con Iván Méndez tras os fogóns na sesión das 12.00 horas e con Álex Iglesias na quenda de tarde, ás 18.00 horas. O domingo 31 os e as asistentes ao showcooking das 12.00 h poderán desfrutar dos pratos de Miguel Rodríguez Pereira, xefe de cocina do Parador da Baiona e coordinador de restauración do Parador de Tui, e de Javier Freijeiro, director de varias cociñas á vez cunha liña condutora con personalidade propia na Coruña. Pola tarde, ás 18.00 horas, será o momento de desfrutar dos doces do experimentado reposteiro tudense Óscar Romero.


A actividade será completamente de balde e con aforo limitado. As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición a través da páxina web de Eurural. Dende Eurural e todos os grupos de desenvolvemento rural participantes no proxecto Eurochef agradécese a colaboración do Concello de Tui nestas actividades e convídase a toda a veciñanza a desfrutar deste novo evento.


O showcooking forma parte do programa de actividades de Eurochef Project, un proxecto de cooperación transnacional Leader liderado por Eurural e no que tamén participan o grupo de desenvolvemento rural galego Pontevedra Norte e o romanés de Bucovina de Munte. Con esta iniciativa búscase fusionar cociñas para dar a coñecer os produtos dos tres territorios máis alá das fronteiras, intercambiar experiencias, fomentar o turismo gastronómico e crear novos mercados noutros países.  


O proxecto conta cun orzamento de 300.000 euros, dos que os grupos de desenvolvemento galegos achegan 112.000 euros financiados ao 90% pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural, dentro da medida 19.3 de cooperación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.