GALICIA
Feijóo destaca o compromiso da Xunta para que cada galego escolla o seu propio xeito de ser maior
O presidente da Xunta participou esta mañá na sesión inaugural de Diálogo sobre o futuro do envellecemento
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso da Administración autonómica para que cada galego escolla o seu propio xeito de ser maior. Con esta filosofía, Feijóo resaltou durante a sesión inaugural de Diálogo sobre o futuro do envellecemento, a aposta do Goberno galego polo Servizo de Axuda no Fogar, cun investimento en 2022 que superará os 100 millóns de euros. “E como os veciños das zonas rurais queren facerse maiores alí onde viven, estamos comprometidos con iniciativas como as casas do maior —que xa chegan a cen—, ou coa posta en marcha das comunidades de vivendas para persoas que desexan facerse maiores xuntas, cuxa lexislación xa estamos a redactar”, precisou, en relación ao compromiso co envellecemento de proximidade.
Na aposta polo envellecemento de proximidade, resalta iniciativas como as casas do maior ou a creación de comunidades de vivendas para persoas que desexan facerse maiores xuntas, cuxa lexislación xa se está a redactar
Así mesmo, e para aquelas persoas que necesitan atención especializada, recordou que na última década a Comunidade duplicou a oferta de prazas públicas en residencias —pasando de 5.500 a 13.000— e, en plena pandemia, estase a elaborar un novo modelo que, entre outros aspectos, mellorará a coordinación co sistema sanitario.
Todo isto, ademais de seguir apostando polo envellecemento activo: polo voluntariado sénior, polas iniciativas de ocio para maiores e polos programas formativos. O titular da Xunta concluíu insistindo en que falar de envellecemento significa falar de futuro. “E máis esperanza de vida debe implicar sempre máis calidade de vida”, dixo, recalcando que a demografía da España do mañá está a definirse hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129