Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 21:16:09 horas

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta organiza en Pontevedra unha xornada técnico-informativa sobre a IXP Pan Galego

Celebrarase o vindeiro xoves 28 de outubro, na sala de conferencias do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebra esta semana en Pontevedra unha xornada técnico-informativa sobre a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego. Terá lugar o vindeiro xoves 28 de outubro na sala de conferencias do edificio administrativo da Xunta na cidade pontevedresa, en horario de mañá e tarde, cun total de sete horas de duración.


O obxectivo é transmitirlles aos diferentes operadores que interveñen na produción do pan (produtores de trigo, muíños e panadarías) as posibilidades que ofrece traballar baixo este selo de calidade, así como o procedemento para inscribirse e os rexistros necesarios para cumprir o prego.


Así, a xornada comezará cunha presentación de dito prego e do regulamento que rexe esta IXP, para continuar tratando as perspectivas de desenvolvemento do trigo autóctono e os valores diferenciais do Pan Galego. Seguidamente haberá unha mesa redonda con axentes do sector para tratar o presente e futuro deste produto, para rematar cunha visita a un obradoiro de pan.

 

 

 

 

O obxectivo é transmitirlles aos diferentes operadores que interveñen na produción do pan as posibilidades que ofrece traballar baixo este selo de calidade, así como o procedemento para inscribirse e os rexistros necesarios

 

 

 


A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.


Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente neste enlace pode atoparse a referida acción e descargar a solicitude pertinente, que debe enviarse cuberta ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 881 997 279.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.