REDONDELA
Redondela abre unha nova liña de axudas para persoas autónomas e pequenas empresas
A liña de axudas, con cargo á liña 2 do Plan Concellos, terá aberto prazo de solicitude ata o 5 de novembro e supón a terceira que, dende o inicio da pandemia, lanza o Concello para paliar os efectos producidos pola Covid-19 no tecido comercial e empresarial
O Concello de Redondela, en colaboración da Deputación de Pontevedra, vén de poñer en marcha unha nova liña de subvencións –a terceira dende que comezou a pandemia da Covid-19– para paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a traballadores/as autónomos/as, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal e local comercial no termo municipal de Redondela.
A Deputación aprobou no seu momento para Redondela, dentro da liña 2 do Plan Concellos, 85.200 euros que agora o Concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de alugamento, cota de persoas traballadoras autónomas, a electricidade e os seguros. O prazo de solicitude rematará o vindeiro 5 de novembro.
Trátase, explica a concelleira de Comercio, María Castro, “de continuar adoptando medidas que permitan paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán”. De feito, a nova liña de subvencións non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de redondela “ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas”.
Toda a información sobre os requisitos, prazos e documentación necesaria para poder acceder a estas axudas pódese consultar no BOPPO nº 201 do 19 de outubro.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que agradeceu “a colaboración e sensibilidade que a Deputación amosou sempre con este municipio”, lembrou que “esta e a terceira liña de subvencións que o Concello pon en marcha dende o inicio da pandemia da Covid-19 coa clara intención de axudar a persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas que, xunto coa hostalaría, foron os sectores aos que a situación epidemiolóxica golpeou máis duramente”.
Cómpre lembrar que en decembro do 2020, nunha primeira convocatoria, concedíanse un total de 72 axudas por importe superior a 42.000 euros e tan só un mes despois, en xaneiro do 2021, outorgábanse outras 32 subvencións, esta vez dirixidas especificamente ao sector da hostalaría, por máis de 9.600 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170