VIGO
Boa acollida entre as familias viguesas da gratuidade da educación ata os tres anos
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca o carácter pioneiro desta iniciativa que supón a ampliación da que xa se viña aplicando nos segundos fillos e sucesivos
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse esta semana á escola infantil Kid´s Garden, unha das garderías beneficiarias da gratuidade da educación ata os tres anos que será de aplicación a partir do vindeiro curso en Galicia. Unha medida pioneira coa que a Comunidade sitúase á vangarda de España, salientou a representante autonómica, que se enmarca na firme aposta do Goberno galego de afrontar por todas as vías o reto demográfico.
Durante a visita, Fernández-Tapias puido constatar a boa acollida da iniciativa entre as familias viguesas, tal e como lle confirmou a directora, Elena Areses, que vai supoñer a ampliación da que xa se que viña aplicando para os segundos fillos e sucesivos.
Así, a delegada informou que a gratuidade será de aplicación en todas as escolas infantís de Galicia, tanto as públicas, como as privadas e de iniciativa social, cunha partida orzamentaria de máis de 30 millóns de euros que beneficiará a uns 20.000 nenos e nenas na Comunidade.
Lamenta que as escolas municipais non podan, polo de agora, beneficiarse desta medida ao non estar o Concello de Vigo ao corrente dos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Neste contexto, lamentou que as escolas municipais de Vigo, polo de agora, non podan adherirse a esta medida ao non estar o Concello ao corrente dos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, “o que penaliza a unhas 200 familias viguesas que xa neste curso están a ser privadas da gratuidade a partir do segundo fillo e que, de non arranxar esta situación o Concello, converteranse en 400 o vindeiro ano, cando entre en vigor a ampliación desta prestación”, dixo.
Dito isto, Fernández-Tapias reclamou ao alcalde que razoe e pague o que debe ao Consorcio, ao tempo no que o convidou a abandonar a súa obstinación respecto á fórmula de cofinanciamento do Consorcio, avalada ata en catro ocasións pola xustiza. “Non parece razoable a súa insistencia en xudicializar un modelo que para os xuíces non admite sombra de ningún tipo e que, ademais, é de aplicación en todos os concellos co respaldo da Fegamp”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21