Jueves, 19 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 20:11:07 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Chega a Mos ‘Piperegrinos, as gaitas do Camiño’

Afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal actuarán o vindeiro domingo pola tarde no auditorio do Centro Dotacional de Torroso

Desde a concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional deTorroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

 

Trátase de seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal. Piperegrinos é un espazo de difusión e posta en valor de diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios dirixidos a todos os públicos.

 

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro, entre elas Mos o vindeiro domingo.

 

Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

 

Piperegrinos, as gaitas do Camiño, resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

 

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

 

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

 

Artistas

O programa Piperegrinos inclúe a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

 

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, de Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.