Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas equipara o Servizo Municipal de Emerxencias co GES

Aínda que pasaría de ter unha partida de 155.000 a 310.000 euros segundo a proposta da Xunta, o Concello considera a suba insuficiente ao non cubrir o custo real dun servizo que atende a toda a comarca

O servizo municipal de emerxencias de Ponteareas, que atende a toda a comarca, duplicará o seu orzamento ao equipararse á categoría de Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Deste xeito, o servizo pasaría de ter unha partida de 155.000 euros anuais a 310.000 euros, segundo a proposta realizada pola Xunta de Galicia durante a celebración da Comisión de Seguimento dos GES na que participou a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e na que se abordou a renovación do convenio de financiamento entre Xunta, deputacións e municipios.


A pesar da importancia do incremento, o Concello avisa de que esa suba será insuficiente para cubrir a totalidade dos custos e xa solicitou durante o encontro que se revise e incremente a partida. “Durante o 2020 soamente o gasto de persoal que tivo Ponteareas neste servizo foi de case 370.000 euros, polo que a pesar de dotar de maior orzamento o servizo quedarían unha parte importante de gastos sen cubrir”, salientou a rexedora. A alcaldesa sinalou que neste incremento do orzamento proposto pola Xunta deberíase considerar ademais un incremento para cubrir as baixas e vacacións do persoal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.