GALICIA
Formación da Xunta no uso dos exoesqueletos para previr trastornos en tarefas de carga
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou a semana pasada na súa sede coruñesa unha xornada técnica en formato mixto, presencial e en liña, para previr as afeccións musculoesqueléticas de orixe laboral con medios innovadores
A Xunta organizou na Coruña a segunda das actividades coas que, no marco da celebración da Semana Europea da Seguridade e Saúde no Traballo, están a incidir na importancia da ergonomía para previr os trastornos musculoesqueléticos de orixe laboral.
A xornada técnica, realizada en formato mixto, presencial e en liña, estivo organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desde a súa sede coruñesa e contou coa participación de 125 persoas.
A actividade enmárcase no programa anual de formación do Issga. Tivo por obxecto sensibilizar e informar sobre os exoesqueletos, unha ferramenta innovadora, que naceu coa coa finalidade de axudar ao aparato locomotor das persoas traballadoras na realización de tarefas de carga e contribuír, co seu uso, a previr trastornos musculoesqueléticos.
Os exoesqueletos inclúen a tecnoloxía Mocap, que permite realizar unha monitorización dos movementos, o que facilita a análise analizar movementos e posturas precisos para o desempeño de tarefas de elevada esixencia física en postos de traballo reais. Co paso do tempo, esta observación permitirá fixar medidas para evitar lesións no seu desempeño.
A xornada estivo dirixida a técnicos de prevención de riscos laborais, delegados de prevención, axentes sociais, empresarios, persoal traballador e persoas con interese na materia sobre riscos para unha mellor información e especialización.
A actividade de hoxe, que a Xunta organizou en colaboración con Asepeyo, enmárcase no programa de actuacións coas que o Goberno galego está a conmemorar a Semana Europea da Seguridade e Saúde no Traballo que mañá conclúe e que, nesta anualidade, estivo enfocada a sensibilizar acerca dos trastornos musculoesqueléticos que se veñen de intensificar co desenvolvemento de traballos esenciais durante a pandemia e co auxe do teletraballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217