Jueves, 19 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 20:11:07 horas

Xornal21.es
Sábado, 30 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Concello, Xunta e empresa buscan o traslado do aserradeiro de Puxeiros

O cambio de ubicación desta actividade permitirá continuar a humanización no tramo final da Avenida de Puxeiros e que a zona creza en vivendas

Esta semana celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente, os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste útimo departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).

 

A xuntanza realizouse en aras de colaboar coa empresa na súa busca de nova ubicación para trasladar o aserradeiro, o que lle permitiría tamén ao Concello continuar a humanización de Puxeiros no tramo final da Avenida que queda por humanizar, e que a zona creza en vivendas; pois a previsión é de que no lugar no que agora se atopa o aserradeiro se constrúa vivenda en altura, así como unha gran praza e parque públicos.

 

Deste xeito quíxose trasladar aos diferentes organismos da administración autonómica competente, e coordinar con eles, as vías para este traslado e as opcións de solo ás que poderían trasladar o aserradeiro.

 

Da reunión celebrada hoxe extraeuse a conclusión de que a empresa podería ubicarse en solo rústico, polo que xa se está a tramitar á solicitide á Xunta para que se autorice o traslado de solo urbano non consolidado (onde agora de atopa) a solo rústico.

 

A vontade de colaboración e consenso entre todas as partes: empresa, Concello e Xunta é total e traballarase conxuntamente para axudar aos propietarios do aserradeiro no traslado da súa actividade a outro lugar, pero sempre dentro do termo municipal de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.