Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 22:35:36 horas

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A OPP20 sensibiliza ós pequenos da Illa sobre a protección do medio mariño

O proxecto SENSIMAR, sobre sensibilización ambiental de zonas marisqueiras, aterrizou na lonxa do Xufre para axudar ó sector marisqueiro a sensibilizar ós máis pequenos sobre a importancia do coidado do medio mariño costeiro

SENSIMAR foi un proxecto ideado por FUNDAMAR, a Fundación para la Pesca y el Marisqueo, co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en 2020.


A OPP20 decidiu poñer en marcha este proxecto para os seus mariscadores e mariscadoras co obxecto de aumentar a sensibilización medioambiental e fomentar a conciencia ecolóxica entres os mariscadores e mariscadoras de A Illa e entre os escolares do entorno, respecto ós impactos da actividade do ser humano no medio mariño e a importancia da protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas costeiros.


Para cumprir este obxectivo, varias mariscadoras e mariscadores pertencentes á OPP20 véñense formando nos últimos meses para impartir charlas a escolares sobre os usos compartidos do medio mariño por unha banda, destacando a actividade marisqueira como sostible e que respecta e axuda a manter a biodiversidade. Por outra banda, sobre os factores de risco para a actividade marisqueira (a contaminación, o cambio climático, o furtivismo ou os parasitos, son algúns exemplos) e como contribuír a minimizalos ou eliminalos entre todos.


A semana pasada  o centro de ensinanza pública Torre de A Illa visitou a lonxa do Xufre cos seus cursos de 5º e 6º de primaria para recibir esa charla dos profesionais do mar da OPP20, así como material para seguir traballando na aula e nas súas casas: un mapa con adhesivos para coñecer a variedade de usos no medio mariño de A Illa, así como un xogo de cartas para aprender sobre os impactos negativos no marisqueo e como podemos solucionalos.


Maiores e pequenos pasaron unha animada mañá poñendo en valor o marisqueo e o coidado do medio ambiente en xeral, pero particularmente o medio mariño.


Colaboran coa OPP20 nesta iniciativa FUNDAMAR, como idearia do proxecto, e INXENIA, consultora que desenvolveu o material de apoio na sensibilización.


Esta iniciativa está enmarcada no PPeC 2021 da OPP20, cofinanciada polo FEMP e pola Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.