Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 15:25:10 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 04 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta licita as obras dos vestiarios na residencia de tempo libre de Panxón

O Goberno galego investirá ademais máis de 270.000 euros neste centro para a mellora da eficiencia enerxética e para a conformidade dos seus usuarios

A Xunta publicou a licitación das obras de acondicionamento na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, para a creación de vestiarios femininos e masculinos para o uso do persoal. O importe de licitación é de 72.400€ e o prazo de execución será de dous meses.

 

En concreto, esta actuación permitirá a redistribución de dous cuartos existentes na planta do semisoto par transformalos en vestiarios. Contarán con acceso tanto desde escaleiras como de ascensor, xa existentes, e exteriormente por un patio cuberto.

 

O Goberno galego investirá máis de 270.000 euros neste centro para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e para a confortabilidade dos seus usuarios. Esta actuación recibiu máis de 18 ofertas para executar e adxudicarase antes de que se acabe o ano.

 

Os traballos de renovación da cuberta súmanse ás diferentes actuacións de mellora que se levaron a cabo nas instalación públicas autonómicas de Nigrán nos últimos cinco anos, que supuxeron un investimento global de medio millón de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.