O Porriño
Unha vintena de alumnos fórmanse no Porriño grazas a un obradoiro da Xunta
Ven de comezar un novo obradoiro de emprego que leva o nome de "Porriño Labora" que conta coa participación de 20 alumnas e alumnos que se formarán nas especialidades de Carpintería e Construcción.
No mes de setembro a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedíalle unha axuda de 346.096 € ao Concello do Porriño para a posta en funcionamento deste obradoiro "Porriño Labora”.
Na especialidade de carpintería traballarán no acondicionamento funcional e estético do Paseo do Río Louro. Realizaranse reparacións no valado de madeira existente no paseo, nos tramos das pontes en mal estado, recuperaranse os bancos existentes deteriorados polo paso de tempo e o vandalismo; e nos tramos existentes con pavimento de madeira.
Nas especialidade de construcción realizarán a súa formación traballando na reforma da antiga escola de Covelo na parroquia de Atios, que está a realizarse en tres fases, debido á complexidade da obra. Nesta fase, os alumnos de “Porriño Labora” van desenvolver traballos de instalación do saneamento e os aparatos sanitarios, a instalación de tódala fontanería, a instalación de ventilación e dun sistema de climatización, incluíndo os condutos de aire. Tamén van rematar os traballos pendentes no interior do edificio consistentes na instalación do falso teito e pintado das zonas necesarias, así como o revestimento e pintado no exterior do inmoble.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22