Domingo, 14 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MONDARIZ

Mondariz estuda medidas urxentes para sanear as árbores da praza maior

Praza de Mondariz.jpg: imaxe aérea da Praza de España de Mondariz, cos seus icónicos tileiros. /© Juan Moreiras para o Concello de MondarizPraza de Mondariz.jpg: imaxe aérea da Praza de España de Mondariz, cos seus icónicos tileiros. /© Juan Moreiras para o Concello de Mondariz

Un informe técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro solicitado en 2020 alerta da necesidade de substituír ou eliminar algúns dos icónicos tileiros da Praza de España

Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz está valorando un plan de acción para substituír ou eliminar as máis danadas e garantir a seguridade deste espazo público de gran actividade social. "Nos próximos meses haberá actuacións ao respecto. Non podemos esperar a que haxa caídas de ramas ou mesmo pés para actuar, cando xa dispoñemos de informes técnicos que recomendan substituír e mesmo eliminar algunhas das árbores porque a podremia interna está demasiado avanzada", comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.
 
 
En 2020, a resposta dunha solicitude expresa do alcalde de Mondariz, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro realizou unha avaliación técnica do estado dos icónicos tileiros da Praza de España, no que se corroboraba a diagnose dun estudo previo emitido no ano 2015: unha perigosa tendencia á podremia nos pés das árbores, derivada das podas feitas durante anos para darlles unha estrutura artificial de candelabro.
 
 
Despois dunha avaliación visual preliminar dos 35 tileiros da Praza, no informe técnico recomendouse substituír e eliminar catro pés, manter a vixilancia sobre outros 25 pés por diferentes niveis de risco, ir substituíndo ou mesmo eliminando os pés máis desequilibrados, sanear aqueles tileiros que presentan máis ramas secas e defectos estruturais, e separar o empedrado das proximidades das árbores.
 
 
"Como esta actuación non se pode adiar, temos previsto aproveitar as obras que se realicen na Praza durante o cambio integral de luminarias e cadros eléctricos en Mondariz para reorganizar o arbolado e instalar uns novos báculos no centro que melloren a iluminación e sirvan de plataforma para colgar elementos durante o verán e dar sombra a este espazo aberto en condicións de seguridade", explica Barros.
 
 
O asunto do estado dos tileiros da Praza de España e a necesidade de actuar para manter a seguridade do lugar foi tratado na última Comisión de Urbanismo celebrada no Concello de Mondariz. Malia que este concello realiza un seguimento periódico do estado de conservación das árbores, como demostran os informes técnicos mencionados, a recente caída dunha árbore no veciño Concello de Mondariz-Balneario, que deixou unha persoa morta e varias máis feridas, alertou da necesidade de tomar medidas inmediatas para previr catástrofes.
 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.