GALICIA
O ciclo de exposicións ‘Retratos: Familia e Infancia’ inaugura unha nova mostra da man de Agafan
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou a mostra acompañado polo presidente da entidade, Luis Sánchez
A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), que traballa desde hai 30 anos para defender os dereitos das familias numerosas. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do presidente da entidade, Luis Sánchez, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano.
O director xeral salientou o importante papel que realiza Agafan, integrada na Federación Española de Familias Numerosas, para mellorar a calidade de vida destas familias e lograr o seu recoñecemento social.
Os paneis informativos que a conforman recollen e destacan o traballo realizado a diario pola asociación a favor das familias numerosas
Novo plan de familias numerosas
Neste sentido, Jacobo Rey puxo en valor o novo Plan de familias numerosas aprobado en xuño no Consello da Xunta e que ofrece un total de 48 medidas en cinco ámbitos distintos destinadas a axudarlles a desenvolver o seu proxecto de vida. Un documento que se estenderá ata o ano 2023 e que contará cun financiamento de 62 millóns de euros, o dobre que o anterior plan, de 2013.
Este Plan de familias numerosas contempla beneficios no eido da educación, da cultura e o lecer; da vivenda, o transporte e subministración; de apoio ás familias para a conciliación e o impulso demográfico; beneficios fiscais; e outras medidas. Entre as novidades atópase a dixitalización do título de familias numerosas, que permite ter un acceso máis cómodo e individualizado a este documento; e os descontos nas autoestradas dependentes da Xunta, unha medida que se fixo realidade este verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217