Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño entrega detectores de fume para os maiores de 65 anos

O Concello de Salvaterra de Miño recorda que ten a disposición das persoas maiores de 65 anos  un detector de fume para a súa vivenda, de mínimo mantemento e de fácil colocación, dentro da campaña de prevención contra incendios.

 

A entrega destes detectores nace dun convenio entre o a Axencia Galega de Emerxencias para a xestión e prevención de emerxencias na zona transfronteriza, no marco do proxecto ARIEM 112 ( Asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias), cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronterizo España – Portugal (POCTEP), o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e o Concello de Salvaterra de Miño.

 

O Concello de Salvaterra nestes intres e o único do Condado Paradanta que gaña poboación,  e dos poucos da provincia, cun número elevado de nacementos por ano e con unha incipiente poboación nova, pero tamén é verdade que conta cun número considerable de persoas maiores que viven soas, e co fin de aumentar a seguridade neses fogares ratificou este convenio de colaboración. Dunha maneira sinxela as persoas maiores de 65 anos poderán dispor no seu fogar dun detector de fume cunha guía de consellos, onde lle explica de forma moi fácil como colocalos, onde e  como é o seu mantemento, ademais das precaucións que debemos ter en conta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.