GALICIA
A primeira Lei de áreas empresariais de Galicia nace co obxectivo de axilizar a creación de solo empresarial
Alberto Núñez Feijóo salienta que se creará o Plan estruturante de solo empresarial para desenvolver o solo cando sexa de titularidade pública de interese autonómico
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta semana o impulso da primeira Lei de áreas empresariais de Galicia que nace co obxectivo de axilizar e flexibilizar a creación de solo para as empresas, dar coherencia a todos os instrumentos de planificación de solo empresarial vixentes e converterse na primeira regulación específica que permita crear reservas estratéxicas de solo.
Ao longo da súa intervención, Feijóo explicou que o texto contempla novidades en canto aos instrumentos de ordenación das áreas empresariais. Por unha banda, mantén o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia como marco para fixar a localización das áreas - que recolle actualmente 117 parques en 95 concellos- e, por outra banda, créase o Plan estruturante de solo empresarial para desenvolver o solo cando sexa de titularidade pública de interese autonómico.
Nese sentido, tamén debullou outras novidades en relación aos instrumentos de execución, neste caso a norma recolle, dixo, 5 instrumentos: o proxecto de delimitación de fases de urbanización, o proxecto de desenvolvemento de urbanización, o proxecto de urbanización, o proxecto de parcelamento e os estudos de detalle.
Destaca que a norma recolle 5 instrumentos de execución novos: o proxecto de delimitación de fases de urbanización, o proxecto de desenvolvemento de urbanización, o proxecto de urbanización, o proxecto de parcelamento e os estudos de detalle
Xa para rematar co apartado de novidades, Feijóo sinalou que no ámbito da conservación, xestión e modernización das áreas empresariais contémplase a creación de entidades de propietarios que velarán polo mantementos das infraestruturas e servizos do ámbito, así como da súa actualización e modernización.
Adicionalmente, avanzou, regularanse os Concellos Emprendedores por lei, para blindalos e facilitarlles axudas e incentivos prioritarios. “Terán 30 días para dar unha licenza, 15 cando se trate de actividades empresariais estratéxicas, e no caso de non existir resposta a licenza outorgarase por silencio administrativo”, engadiu.
![[Img #72223]](https://xornal21.com/upload/images/11_2021/3562_211104_pte_consello_rp_dcs_06.jpg)
“En definitiva, unha lei que será útil para todos os investimentos estranxeiros que poidamos captar” e sobre todo que a xeración de solo empresarial, urbanizado correctamente e a un custo alcanzable, permita a implantación da actividade empresarial e o progreso socioeconómico de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217