Jueves, 19 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 19 de Marzo de 2026 a las 10:55:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O 6º Programa Integrado de Emprego de Mos clausúrase cun 78% de inserción

Rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, participaron esta mañá no acto de clausura do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos que consistiu nunha mesa redonda entre o equipo técnico do Programa Integrado, usuarios/as participantes no Programa Integrado de Emprego e representantes de empresas colaboradoras do Programa Integrado de Emprego; poñendo o broche final ao encontro o cantante mosense Antonio Barros Serodio, tamén usuario do Programa, que interpretou Nessun Dorma.

 

O 6º Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos clausúrase cun 78% de inserción prevéndose algunha contratación máis nestes últimos días. Rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%. 78 persoas traballan actualmente ou traballaron durante o Programa.

 

O Programa contou con 100 usuarios/as de Mos e subvención da consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia de 250.000 €. O Concello aportou os 63.283,21 € restantes ata a acadar o custe total do Programa de 313.283,21 €.

 

 

 

 

Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá no acto celebrado na Axencia de Colocación mosense

 

 

 

 

Os usuarios puideron beneficiarse dunha ampla formación que incluiu desde 2 certificados de profesionalidade, ata 66 cursos de diferentes ramas con clases tanto presenciais como on line, preparación para a obtención do título da ESO e prácticas en empresas de diferentes sectores.

 

O 6º Programa Integrado logrou un 70,80% de inserción laboral das persoas que fixeron prácticas en empresas colaboradoras do mesmo. Entre as devanditas empresas atópanse Benteler, Faurecia, Cristal Sío, Proa, Magna, Alborada, Dativic, etc.

 

A avaliación dos resultados obtidos polo Programa é polo tanto moi positiva e parece que a crise derivada da COVID-19 non frea a creación de emprego en Mos, xa que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos leva a data de hoxe acadada unha porcentaxe de inserción do 78%, cando se atopa a tres días do seu remate, xa que finaliza o vindeiro luns 8 de novembro; e prevese aínda algunha inserción laboral máis.

 

“A día de hoxe 78 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron desde o inicio demostrando que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, que con esta chega xa á súa sexta edición, continúa co seu labor de mellora de competencias e asesoramento na busca activa de emprego a persoas desempregadas do municipio, que reciben tanto formación como sesións de orientación laboral persoalizada”, declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.