GALICIA
Aberto o prazo para participar no concurso de Tik Tok ‘Conecta coa Economía Circular’
O certame está dirixido á rapazada, de entre 13 e 17 anos, que vive ou estuda no municipio compostelán
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha unha serie de actividades coas que buscan fomentar entre as persoas consumidoras do Concello de Santiago un coñecemento máis profundo da economía circular para que sexan conscientes da necesidade de facer un consumo responsable e sostible, e da importancia de reciclar correctamente, especialmente agora que se está a introducir o chamado “quinto contedor” no que só se poderá verter materia orgánica.
Entre as accións que están a organizar, atópase o concurso Conecta coa Economía Circular a través da aplicación Tik Tok. Unha proposta que busca concienciar e sensibilizar á mocidade sobre á importancia de coidar a nosa contorna reducindo o noso impacto ao transitar a un modelo de economía circular que aposte pola reciclaxe, a reutilización, o aforro no consumo e actitudes conscientes sobre o bo uso dos recursos.
Neste concurso poderán participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos que vivan ou estuden no Concello de Santiago de Compostela. Para participar terán realizar un vídeo a través da aplicación Tik Tok centrado nas 4 RRR, reducir, reutilizar, reciclar e reparar; no que mostren a súa idea sobre a reciclaxe, como afrontan cuestións como a obsolescencia programada dos produtos (especialmente os tecnolóxicos) ou se son capaces de darlle outra vida a algúns produtos ou materiais. Os vídeos a presentar deberán ter unha duración máxima dun minuto e utilizar o hashtag #EuCompost_Ela. Admitirase un vídeo por participante de estilo libre podendo incluírse humor, efectos especiais, baile... Os vídeos deberán ser orixinais e propios do autor ou autora.
O prazo para o envío das producións audiovisuais é do 4 ao 24 de novembro, ambos inclusive. Trala publicación do vídeo en Tik Tok cada participante enviará un correo electrónico a prensa@consumidores.gal co asunto “Concurso Tik Tok”. No corpo do email figurará o nome e apelidos da persoa participante, o seu nome de usuario/a en Tik Tok, a ligazón ao vídeo e o medio para contactar con ela (correo electrónico, teléfono). Deberase anexar debidamente cumprimentada a autorización para participar asinada por un representante legal da/o menor, (pode descargarse desde esta ligazón) e unha copia do DNI do mozo ou moza participante (co obxectivo de comprobar a súa idade e lugar de residencia). Poden consultar as bases a cumprir na seguinte ligazón.
Un xurado especializado conformado por representantes do Concello de Santiago de Compostela da UCGAL e Moncho Lemos, experto do audiovisual galego, elixirá aos tres gañadores do certame.
O primeiro premio do concurso consiste nun vale por 200 euros para usar no comercio local compostelá. Tanto o segundo como o terceiro premiados/as recibirán un vale por 100 euros a gastar en establecementos de Santiago de Compostela.
A Unión de Consumidores de Galicia contactará cos gañadores do certame mediante correo electrónico e/ou teléfono e fará entrega dos premios o día 2 de decembro, ao peche do faladoiro ‘Arredor da economía circular’. Este encontro entre a ciencia e o humor terá lugar ás 19:30 horas no Teatro Principal e nel participarán Eva Quiroga, bióloga especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible, e os actores e humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz. O evento estará conducido polo divulgador científico Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217