PROVINCIA
Moda, música, danza e patrimonio no desfile “Costuras de Alecrín. By Rías Baixas”
A especialísima pasarela con traxes de deseño galego e tradicional, acompañada dun espectáculo de música e danza, chegará a Vigo, Forcarei e Pontevedra os días 12 e 19 de novembro e o 10 de decembro
A tradición e a moda galega serán as grandes protagonistas dun encontro que xirará arredor da riqueza do noso patrimonio inmaterial. “Costuras de Alecrín. By Rías Baixas” é a nova aposta da Deputación de Pontevedra para pór en valor a moda galega, a máis emerxente a nivel nacional, no marco dun espectáculo no que estarán moi presentes a música e a danza tradicional. Esta especialísima pasarela chegará o venres, 12 de novembro ás 20.00 horas a Villa Solita (Vigo); ao Mosteiro de Aciveiro (Forcarei), o venres 19 de novembro e, finalmente, ás Ruínas de Santo Domingo (Pontevedra), o venres 10 de decembro. O evento está aberto a todos os públicos de xeito gratuíto.
“Costuras de Alecrín. By Rías Baixas” nace co obxectivo de reivindicar o papel da indumentaria tradicional e apoiar a creación de deseñadores/as emerxentes. Así, contará cunha selección de traxes de tradición galega e nacional da deseñadora artesá galega Reme Espantoso, especializada no deseño e creación de traxes tradicionais e de noiva; e do cordobés José Perea, coñecido polo seu triunfo en “Maestros de la Costura Argentina 2020” e gañador do Premio Joven Diseñador Nacional 2018 e Diseñador Novel Andalucía 2017.
O desfile, conducido pola actriz e presentadora Diana Nogueira, estará acompañado dunha actuación de música e danza a cargo da artista Rosa Cedrón; o músico e compositor, Christian Silva; o coreógrafo e fundador da compañía Entrecaixas, Iván Villar e a directora da compañía Erixe e bailarina de danza contemporánea, Estefanía Gómez.
As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto a través do enderezo electrónico da área de Cultura da Deputación (participa.cultura@depo.es) facilitando o seu nome completo e un teléfono de contacto. Cada asistente poderá facerse cun máximo de catro entradas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57