O Porriño
A alcaldesa do Porriño celebra as resolucións xudiciais
Eva García, alcaldesa do Porriño celebra dúas decisións xudiciais que acaban de coñecerse esta semana e que, segundo explica nun comunicado de prensa, “veñen avalar actuacións do goberno municipal que ela preside. Por unha banda, o TACGAL avalou ao Concello na concesión do contrato de recollida de lixo no último concurso. E por outra banda, o Tribunal de Contas do Reino rexeitou, por terceira vez, a pretensión do portavoz municipal do PP de esixir responsabilidades económicas por contratación irregular”.
CONTRATO DO LIXO
Esta semana recibiuse a resolución do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL) que “avala a adxudicación “realizada pola mesa de contratación a favor da firma Servizos dos Concellos Galegos. O TACGAL desestima o recurso presentado por "Ascan Servicios Urbanos", levantando así a suspensión que impedía a sinatura do contrato e a incorporación do novo adxudicatario.
TRIBUNAL DE CONTAS
Eva García declarouse "moi satisfeita" nada máis coñecer a resolución do Tribunal de Contas do Reino de arquivar por terceira vez a denuncia do voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo. Este auto emitido o pasado 27 de outubro, volve confirmar a doutrina xurídica de que "non procede abrir unha causa xeral a esta alcaldesa, como sostén o voceiro do PP porriñés", afirmou a rexedora.
O Tribunal de Contas do Reino “volve dicir ao portavoz do PP e, de paso, tamén ao titular do xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra, que unha cousa é que haxa unha incorrección administrativa en materia de contratación e, outra moi diferente, é que esta incorrección dea lugar a ter causado danos ao Concello e que en consecuencia se nos podería esixir unha responsabilidade patrimonial", valorou Eva García.
A alcaldesa anunciou que trasladará este terceiro pronunciamento do Tribunal de Contas ao xulgado do Porriño que instrúe a causa dos desbroces "e espero que tamén produza as súas consecuencias".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22