Galicia
Iníciase a campaña extractiva da centola
A campaña extractiva da centola comeza hoxe nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van de cabo Corrubedo ata A Guarda (na provincia de Pontevedra) e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos. A frota que se dedica á extracción desta especie pode levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2022, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, a campaña comezará o 28 de novembro pois o plan de xestión que regula esta especie establece a veda nesta zona ata o 27 de novembro, día incluído.
O Executivo galego tamén abre mañá a campaña extractiva do boi en todo o litoral de Galicia, polo que a frota dedicada á captura desta especie pode calar os aparellos de acordo co establecido no decreto de artes e aparellos e levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns. A actividade manterase ata o inicio da veda do próximo ano, que quedará fixada no correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217