Cultura
Os colexios Manuel Mallo Mallo, do Carballal e Souto-Donas gañan o concurso de Xela Arias
Os tres centros de Lugo, Marín e Gondomar son os premiados na convocatoria do proxecto dixital Primavera das Letras, que contou coa participación de 125 colexios de toda Galicia
Os centros de educación infantil e primaria Manuel Mallo Mallo (Lugo), do Carballal (Marín) e Souto-Donas (Gondomar) son os gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega a través do proxecto dixital Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos para profundar na figura á que a institución rende homenaxe cada 17 de maio. A edición dedicada á celebración escolar das Letras de Xela Arias contou coa participación de 125 centros de toda Galicia.
No CEIP Manuel Mallo Mallo de Lugo, entre outras propostas, o alumnado reinterpretou de xeito creativo contos de Non te amola!, a obra narrativa da protagonista do Día das Letras Galegas 2021 que permaneceu inédita ata este ano. Os nenos e nenas de menor idade déronlle forma con plastilina ao relato Hai un monstro no váter, noutros cursos graváronse as representacións teatrais de Carlota quere facerse tendeira e Os avós son coma o cine, no caso de Andei investigando que facer realizouse unha adaptación ilustrada e tamén se escribiron finais distintos para as historias inspiradas na infancia de Xela Arias.
O CEIP do Carballal (Marín), que xa resultara premiado na edición dedicada a Carlos Casares, volveu apostar pola música e o audiovisual para lle render homenaxe a Xela Arias cun videoclip protagonizado polo alumnado de 4º e 6º de primaria. A peza Canto sei! comeza cunha dramatización inspirada tamén en Non te amola! e baséase nun poema de Darío a diario, o libro que a autora publicou sobre a maternidade. A coreografía, argallada por Lola, alumna de 6º, púxose en escena coa participación masiva do alumnado do centro.
No CEIP Souto-Donas de Gondomar o alumnado de infantil elaborou un mural en forma de crebacabezas con distintas técnicas artísticas partindo da Xela Arias nena que lle puxo imaxes á primeira edición d'Os soños na gaiola de Manuel María. En primaria os nenos e nenas crearon debuxos para os versos da homenaxeada e a celebración completouse cunha biografía audiovisual. A peza contou coa participación do alumnado e a colaboración do editor Fran Alonso, a Fundación Manuel María e o grupo musical A Banda da Loba.
Os tres colexios gañadores serán agasallados cun lote de libros e todos os participantes recibirán un diploma acreditativo. A Real Academia Galega convoca este concurso e desenvolve o conxunto do proxecto Primavera das Letras co apoio da Deputación da Coruña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184