Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 12 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

A reforma da praza do Calvario obtén a subvención ReacPon da Deputación

A administración provincial financiará o 517.938 euros do custo de licitación da mellora do espazo

A reforma da praza do Calvario, un proxecto que suporá a mellora e remodelación integral do núcleo urbano do Rosal, acaba de obter a subvención ReacPon da Deputación de Pontevedra, un plan de investimento público que mobilizará 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia e transformar o territorio. A reforma presentada polo Concello recibirá  517.938 euros, un 34 % do custo da licitación da mellora da praza.


A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, agradece a Deputación “o seu apoio a unha reforma de moita importancia para nós” e explica que o Concello está a facer un esforzo importante para a captación de fondos para proxectos transformadores como a mellora da praza. A redacción do proxecto xa recibira a subvención Ágora da administración provincial coa máxima puntuación en varios puntos da convocatoria, sendo o terceiro concello con máis puntos entre os 31 que recibiron a axuda.


A intervención transformará a praza, pero conservarase o seu uso polivalente cun marcado carácter peonil servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantindo o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais.


A rexedora informa que os traballos comezarán pronto e lembra á veciñanza que a recuperación da praza do Calvario “vai dotar de identidade o centro urbano, reforzando o espazo como punto de revitalización urbana e comercial da contorna, propoñendo novos usos e actividades que dinamicen a zona”.


Na reurbanización vanse usar materiais construtivos que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente e melloraranse as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da Praza. Ademais, como proxecto paralelo á reforma, o Concello prepara tamén unha reordenación da contorna do Calvario, así como do aparcamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.